Xa está a piques de chegar o frío.

Haberá que ir actualizando estes croquis que aínda no verán se foron facendo cousas novas, e rematando outras pendentes.

Novas sobre a Xuntanza 2011

APLAZADA A XUNTANZA 2011.

Debido ao malo parte meteorolóxico.

Nova data : próximo sábado día 14 de Maio.

Se sabedes de xente que teña a intención de vir e non dispoña de acceso  a web ou descoñeza esta bitácora sede tan amables de comunicarlle-lo aprazamento da mesma. Graciñas.

Recén postos

Boas. Por mor da Xuntanza 2011, si a choiva o permite, xa tendes dispoñible a última actualización das minis-guías. Foron ampliadas coa inclusión dalgúns novos problemas e outros sectores  ao mesmo tempo que se depuraba algún pequeno erro. En cada cada mini-guía non están tódo-los que son pero sí son tódo-los que están, é dicir, tendo en conta que a Xuntanza nesta edición desenrólase(“oficialmente”) nun día e neste pódese disfrutar tanto das vías coma dos bloques, consideramos que hai incluídos bloques mais que suficientes para chegar ben petado á cea. Coma sempre as cotacións dos problemas son orientativas, sí, seguro que te atopas cun paso “fácil” que che vai semellar “imposible”. Suliñar tamén que nas mini-guías, localismos aparte, e para non cargar demasiado os croquis hai bloques nos que se optou por non incluír tódo-los pasos. Estes pasos, os descartados, xa se irán engadindo de xeito individual conforme a bitácora vaia crecendo.

Vémonos.

O Galiñeiro anda revolto…

Ola! Pois sí que che anda revolto o Galiñeiro e non só por mor do devandito Parque Eólico que nos queren plantar alí. Como dicía un tema de La Marabunta (…)soy un ignorante no te veía y te tenía delante(….) pois iso eche o que nos pasou, que os bolos e os pasos levan toda a súa vida ahí e nos pasando por diante deles e mirándoos sin velos, co bonitiños que son!!

Cómo?!! Que no Gali aparte de vías de deportiva tamén che hai bloques?! Así é meus, e non poucos. Coa presente bitácora pretrendemos amosarvos a xeitosa zona de búlder que se está a cociñar no Monte Galiñeiro. Salvando as distancias, obviamente, e para todos aqueles que gosten de saborear a crema suiza eiquí tedes unha petite suisse, un  pequeno Cresciano “de bolsillo”, bloques de gneis ao carón da casa.

Non esperedes actualizacións a diario, nin montes e moreas de fotos, croquis e demais familia de hoxe para mañán. Os que estamos participando neste modesto proxecto ademais de limpar, axeitar pés de bloque e croquizalos tamén nos gusta trepar. Hai bastante feito pero aínda queda moito por facer e sobre todo por publicar eiquí. Así mesmo todos os que queirades participar no desenrolo desta zona sodes moi benvidos se queredes publica-las vosas aperturas na presente bitácora, para contactarnos ovosdegneis@yahoo.es  .

Deica.